Troulanda Express #92: ¿Qué vas facer esta fin de semana?
En primeiro lugar, moitísimas grazas pola avalancha de respostas da semana pasada! Encántanos ter unha comunidade tan activa!!
E como esta fin de semana é unha ponte moi especial, aí van algunhas propostas im-pres-cin-di-bles para gozar da nosa literatura e tradicións:
Chega o Raigame, unha ocasión única no ano para coñecer algúns dos mellores artesáns de Galicia e disfrutar da música e o baile tradicional
Poderemos disfrutar de visitas guiadas únicas en galego, como as visitas literarias de Lugo, e coñecer recunchos segredos da nosa xeografía, como as pozas de Loureza
Ou viaxar atrás na historia á Batalla de Casal de Eirigo
Claro que se ides sair de viaxe un pouquiño máis lonxe, nos non nos perderíamos a Feira do Douro em Rosé (viños rosados do Douro), por exemplo.
E dito este, ide apuntando na axenda o Santo Cristo de Xende e o Curro (ou Rapa) de Torroña.
Sería unha mágoa quedar na casa con tantas opcións no calendario: Troulanda.com/calendario