Troulanda Express #42: Vés de festa?
Na semana das Letras Galegas, a nosa carta semanal non podía ser noutro idioma que no galego. Idesnos permitir algún que outro erro porque é o noso primeiro Troulanda Express en galego, pero esperamos que atopedes o contido mesmo máis inspirador se cabe.
Pero, por que a primeira? Aínda que moitos dos que nos ledes cada semana sodes galegos e portugueses, o Troulanda Express chega a toda a península ibérica e mesmo a algúns países do estranxeiro (non o dicimos nós, senón a plataforma de Substack, a nós tamén nos sorprende gratamente que nos leades desde tantos recunchos) e, aínda que din que o galego é fácil de entender, ás veces o vocabulario das festas e eventos culturais non é tan coñecido máis aló das fronteiras. E por iso normalmente enviámolo en castelán.
Hoxe imos celebrar a nosa língua tamén desde aquí. E ímolo facer convidándovos a festexar en todos estos recunchos:
Vila de Cruces, onde están a festexar a Festa do Galo de Curral.
Redondela, para gozar dos títeres e as marionetas por toda a vila.
Santiago, onde están a celebrar a Ascensión e haberá foliadas, encontros de músicos tradicionais e moita troula máis.
A Estrada, coa festa do Salmón.
Cans, onde todavía veremos o glamur rural do cine máis auténtico.
Vilagarcía de Arousa, que está a festexar á Santa Rita.